Recollemos aquí o libro de Manuel Vázquez Naveira, Peruchico: cando eramos nenos, onde, segundo se recolle no prólogo «se contan diferentes
experiencias acontecidas na escola de Bandoxa, unha parroquia da
provincia da Coruña. A gran maioría son anécdotas contadas polos
protagonistas ou por xente que coincidiu con eles neste período escolar.
Aínda que pareza gracioso e con moita picaresca, temos que pensar que
todos estes coñecementos e vivencias foron a bagaxe cultural de varias
xeracións. Gozádeo e que polo menos un anaquiño de Galicia quede para
sempre no voso corazón. Se facedes o mesmo con este humilde aprendiz de
escritor, quedareivos eternamente agradecido.»
A versión en galego pódese descargar aquí.